As empresas poden obter directamente a través a aplicación FREMAP ON LINE
ou ben solicitar á FREMAP, informes sobre incapacidade temporal por continxencia profesional e / ou común, con información estatística e detallada apoiada por gráficos, en comparativa co sector, zona xeográfica e tamaño da empresa.
Os informes dispoñibles son:
Informes de Incapacidade Temporal FREMAP
Evolución Índices de Incapacidade Temporal Empresas FREMAP
A evolución dos índices por incapacidade temporal das empresas asociadas á FREMAP en réxime conta allea nos últimos anos son os seguintes:
O índice IT COVID-19 no ano \n2020 foi dun 0,72 %diminuíndo a un 0,62% no ano 2021
Índices de Absentismo por Comunidade Autónoma
Na ligazón ofrécense os índices de incapacidade temporal por continxencia profesional e común, por Comunidade Autónoma, do colectivo de empresas asociadas á FREMAP.
Índices Incapacidade Temporal por CCAA
Índices de Absentismo por tamaño de empresa
Índices de Incapacidade Temporal por sector de actividade
NOTA: Os datos ofrecidos son respecto do colectivo protexido pola FREMAP
Índice de IT TOTAL: Esla relación porcentual entre os días de baixa no período seleccionado por continxencia profesional e común durante a situación laboral do traballador coa empresa sobre os días teóricos de traballo das empresas asociadas con ambas as dúas coberturas coa FREMAP.
Índice de IT por Continxencia Profesional: É a relación porcentual entre os días de baixa no período seleccionado por continxencia profesional durante a situación laboral do traballador coa empresa e os días teóricos de traballo das empresas con cobertura de continxencia profesional coa FREMAP.
Índice de IT por Continxencia Común: É a relación porcentual entre os días de baixa no período seleccionado por continxencia común durante a situación laboral do traballador coa empresa e os días teóricos de traballo das empresas con cobertura de continxencia común coa FREMAP.
Índice IT COVID 19: Relación porcentual entre os días de baixa por COVID 19 dos traballadores con relación laboral coa empresa e os días teóricos de traballo dos traballadores das empresas coa cobertura da continxencia profesional coa FREMAP.