Estás en:
Podemos clasificar as consecuencias do absentismo de incapacidade temporal (continxencia profesional e continxencia común) en dous tipos:
A incapacidade temporal ten incidencia nos custos para as empresas, pero non só nos custos directos senón tamén nos custos indirectos.
A medición de ambos os dous custos é imprescindible, tanto para coñecer a súa influencia na produtividade, como para coñecer o nivel de custo real que a empresa ten e así poder determinar o nivel de investimento que a empresa estaría disposta a aceptar para reduciro e por último, poder comparar o custo da incapacidade temporal cos resultados económicos finais obtidos das intervencións desenvolvidas.
Durante as situacións de incapacidade temporal, mánténse a obriga da empresa, agás extinción do contrato, de cotizar (ata os 545 días como máximo).
En Accidente de Traballo / Enfermidade Profesional a empresa soporta o custo do día da baixa médica en concepto salario e o día da baixa médica en caso de recaída. En continxencia común a empresa aboa o subsidio de Incapacidade temporal desde o día 4º ao día 15º de baíxaa ao 60 %da Base reguladora.
Dependendo do acordado no convenio colectivo aplicable ou, no seu defecto, no pacto individual co traballador, o empresario poderá ter que facerse cargo da diferenza (ou dunha porcentaxe da mesma) entre a retribución que debería percibir o traballador, de non estar en situación de incapacidade temporal, e o subsidio por este concepto ao que teña dereito.
Tamén existen unhas consecuencias económicas para os traballadores pola perda de salario que deixan de percibir en situación de baixa médica (no caso de non ter complemento voluntario). E en continxencia común os tres primeiros días de baixa o traballador non percibe subsidio.
O subsidio abóase ben en pagamento delegado polas empresas ou ben en pagamento directo polas entidades xestoras ou colaboradoras da Seguridade Social. En pagamento delgado é unha forma de colaboración obrigatoria, coa Seguridade Social. Con posterioridade, a empresa reintégrase das cantidades satisfeitas por este concepto aos seus traballadores, descontandoas do importe das liquidacións que teñen que efectuar para o ingreso das cotas de Seguridade Social.
O importe do subsidio é distinto dependendo de se a situación de Incapacidade temporal é debida a continxencias profesionais ou comúns: (Lei Xeral da Seguridade Social. Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro artigos 169-171) :
En boa parte de ocasións (especialmente nas empresas con poucos traballadores), o beneficiario debe ser substituído, co que iso implica de custos de selección, formación básica, remuneración e cotización social.
Aínda que poden considerarse dificilmente mensurables, deben valorarse na súa importancia os custos provocados indirectamente pola ausencia do traballador, como consecuencia da relación singular cos clientes ou polos seus coñecementos ou habilidades específicas na produción.
De acordo coa normativa (Real decreto-Lei 3/2012 disposición final primeira.4) , os traballadores en quen coincida o período fixado para as súas vacacións cunha situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais ou comúns (en ambos os dous casos non relacionadas co embarazo, parto ou lactación natural) terán dereito a que, unha vez finalizada a devandita situación, se lles asigne un novo período, incluso cando finalizase o ano natural en que se deberían gozar, aínda que co límite dos 18 meses a partir do final do ano en que se orixinou a incapacidade temporal.
Sen dúbida, o absentismo laboral constitúe unha das causas máis importantes na perda de produtividade das empresas, o que dá lugar a quebras na súa competitividade e, en consecuencia, a dificultar a súa expansión e minar os resultados, desde unha menor produción do traballador substituto ata que se finaliza o seu período de aprendizaxe, a unha menor produción do traballador de baixa tras o seu regreso ao traballo.
O Real decreto 404/2010 do 31 de marzo , regula o establecemento dun sistema de incentivos para as empresas que se distingan pola súa contribución eficaz e contrastable á redución da sinistralidade laboral e pola realización de actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais, norma desenvolvida mediante a Orde TIN /1448/2010 do 2 de xuño .
Por veces, a empresa necesita solicitar aos seus traballadores a realización de horas extras para manter a produción ou o servizo, ou ben para axustarse á programación, o que lle supón un custo adicional.
O absentismo na organización pode xerar desmotivación nos traballadores presentes e por conseguinte máis reivindicacións salariais, folgas, etc.
Comparte nas túas redes sociais:
Compara o teu Índice cos do teu sector
Calcula os custos por IT (Nova xanela)