A Lei 35/2014 
profundou na colaboración das Mutuas naqueles aspectos relativos á xestión da Seguridade Social, con dous obxectivos:
- Dotar as Mutuas daqueles instrumentos que contribúan a mellorar a xestión das distintas prestacións en beneficio dos traballadores protexidos.
- Que esa mellor atención contribuíse a reducir o absentismo laboral inxustificado e, polo tanto, mellorar a competitividade das empresas e, consecuentemente, a da economía no seu conxunto.
Por iso desde FREMAP, como Mutua colaboradora coa Seguridade Social, colaboramos coas empresas no coñecemento das causas que provocan o absentismo IT así como na xestión do absentismo de Incapacidade Temporal , dunha forma personalizada e tamén con estudos sobre a incapacidade temporal das empresas asociadas na FREMAP creando o Observatorio de Incapacidade Temporal FREMAP